Tuesday 23 de April de 2024

Determinados os vídeos gañadores da segunda edición do concurso Galeguizando TikTok


O xurado do concurso Galeguizando TikTok reuniuse na tarde do día 31 de agosto para selecciona-los vídeos gañadores da segunda edición desta proposta enmarcada na programación impulsada para festexa-lo 25 de xullo, Día da Patria Galega, dende a Concellaría da Normalización Lingüística da Pobra do Caramiñal, da cal é titular o edil Xabier Santos (BNG).

Os premios consisten nun lote de produtos culturais galegos e establécense un total de 3 distincións valoradas en 100 euros cada unha.

O xurado ditaminou que a distinción ‘ao máis orixinal’ correspóndese a Cristina Torres Otero; ‘ao máis creativo’, a Alicia Miguéns Vila; e ‘ao máis divertido’ quedou sen adxudicar.

As pezas audiovisuais presentadas debían estar en galego, ter como temática o Día da Patria Galega e segui-lo formato da app TikTok.